COMARCA DE LUGO: agosto 2017

viernes, 11 de agosto de 2017

AXUDAS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL DO SECTOR COMERCIAL RETALLISTA

Para os efectos desta orde, considérase proxecto de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida.
Os proxectos de expansión comercial poderán basearse no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo.
En todo caso, os proxectos deberán responder a unha idea comercial innovadora, en que se reflicta a creación dun espazo comercial que ofreza ao consumidor unha experiencia única de compra, a través dunha coidada selección, presentación e exhibición do produto, dos servizos diferenciados que se ofrezan e da imaxe e deseño do local comercial, de tal forma que todos eles en conxunto transmitan a diferenciación do establecemento comercial como o principal elemento de valor.

O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/ha traballador/a, por un período mínimo dun ano.

SUBVENCIÓN O ABEIRO DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

Este programa ter por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o a.no 2017 dos incentivos a contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.
Programa de incentivos á contratación indefinida inicial.
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

Prazo de presentación: 12/08/2017 - 02/10/2017. 

MAIS INFORMACIÓN >>>>