COMARCA DE LUGO: mayo 2017

viernes, 26 de mayo de 2017

BASES REGULADORAS SUBVENCIÓNS DA AXENCIA DE TURISMO RELATIVAS NORMAS UNE E MARCA Q CALIDADE TURÍSTICA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.








jueves, 25 de mayo de 2017

BASES REGULADORAS SUBVENCIÓN PARA A REALIZACIÓN AUDITORIAS ENERXÉTICAS E PROXECTOS AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS SECTORES INDUSTRIAL E HOTELEIRO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e hoteleiro, para o ano 2017 e 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).


MAIS INFORMACIÓN >>


BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESA DE NOVA CREACIÓN

ORDE do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR807I).

MAIS INFORMACIÓN >>


jueves, 11 de mayo de 2017

RÉXIME XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓN LEADER

Artigo 24. Réxime de xustificación

3. Os investimentos xustificaranse, para cada un dos gastos realizados, a través da seguinte documentación:
a) Facturas orixinais ou documentos probatorios de valor equivalente debidamente desagregadas por conceptos ou unidades de obra.
A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao que resulta do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
O GDR selará as facturas e indicará a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, tamén, neste último caso, a porcentaxe que resulte afectada pola subvención e, posteriormente, devolveraas ao promotor.
b) A documentación acreditativa do pagamento efectivo en favor dos acredores:
1º. Como regra xeral, presentarase o xustificante bancario de pagamento por parte do beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en conta, certificación bancaria, etc.) en que conste o concepto facturado e o número de factura, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

2º. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.
3º. Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.
4º. Para os efectos da súa xustificación, no caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, estes deberán incluírse, xunto coa factura, nunha única solicitude de pagamento.
4. Tanto a data das facturas como a dos xustificantes de pagamento deberán estar comprendidas dentro do período de execución e xustificación dos investimentos, é dicir, a partir do día da solicitude de axuda (con excepción dos custos xerais vinculados ao investimento sinalados na letra e) do artigo 4 que poderán ser de data anterior) e ata a data límite de execución e xustificación dos investimentos que determine a resolución de concesión da axuda.
5. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas e conceptos de gasto do orzamento aceptadas por Agader na resolución de concesión da subvención e responder de xeito indubidable á natureza do proxecto subvencionado.


martes, 9 de mayo de 2017

A XUNTA AMPLÍA O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA DOTAR DE BANDA LARGA ULTRARÁPIDA A EMPRESAS ZONAS ILLADAS DO RURAL

A Xunta amplía o prazo de solicitude das axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural
Ata o 11 de maio empresas e autónomos, que non dispoñan de acceso a internet de cando menos 30 Mbps, poderán realizar a súa solicitude
A Xunta destinará 1 millón de euros a axudas para subvencionar ata o 100% dos custos das tarefas para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario
É a segunda actuación do Plan de banda larga da Xunta, que complementa á lanzada en 2016 para dotar de conexión a internet de ata 350Mbps a 81 polígonos industriais

MOSTAR INFORMACIÓN >>